Visitas

martes, 19 de julio de 2011

Por que a fotografía?

E por que non? Nunha fotografía podes plasmar o que non se pode dicir con palabras, sentimentos coma o medo, as dúbidas, o amor, a amizade. Se unha frase puidese explicar todos esos sentimentos que surxen nunha guerra, nunha reconciliación, no comezo da vida dun novo ser, no último quérote, na ollada de dous namorados, se todo iso se puidera explicar cunha frase, estou segura de que el escollería escribir na contra de premer un simple botón, pero non o fixo. As fotografías fan que os recordos xamais se esquezan, que perduren por sempre, conseguen que un intre da nosa vida quede conxelado no tempo.
Non todo o mundo consegue saber o verdadeiro significado desas dez letras. El conseguiuno xa fai tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario