Visitas

lunes, 18 de julio de 2011

Ata outra

-Din que dos erros se aprende.
+Entón con el debiches de aprender moito, non?
-Por qué o dis?
+Porque soamente foi un erro.
-Non, para min foi moito máis ca un simple erro. Para min foi o meu sorriso durante un tempo, foron bágoas, para min chegouno a ser todo.
+Semella que sigues ancorada no pasado, aínda o queres?
-Fai tempo que quitei a áncora, pero non polo meu propio pé, se non a base de golpes, supoño que así se aprende. Non recordo sentimento algún hacía el, non gardo rencor, aprendín a esquecer os malos momentos e quedarme só cos bos, síntome orgullosa de facelo. Todo quedou nun recordo, no pasado, por sorte agora, atopeime cun presente que pinta moito mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario