Visitas

martes, 23 de agosto de 2011

Triste pero certo

Unha vez preguntaronlle a Lewis High, un fotógrafo de guerra porque elixira esa profesión, el respostou que se puidera contar con palabras todo o que vía, non precisaría cargar todo o día cunha cámara de fotos, de certos momentos de beleza, de desolación, de honra... Estaban máis aló das palabras, eu tamén o penso, hai cousas que simplemente non se poden explicar. Cousas tan sinxelas coma seguir vivos, ou asimilar que alguén se foi, o amor entre unha nai e un fillo, saber que a túa vida depende dun fío, a fame de días sen comer, o medo. El viu todos eses sentimentos nas olladas perdidas de milleiros de persoas, e fotografiounas para que queden conxeladas no tempo, e máis adiante nós as observemos e paremos a pensar, para que nos demos conta do egoístas que podemos chegar a ser.


No hay comentarios:

Publicar un comentario