Pd: Non te imaxinas o que te estou a botar en falta. |
Visitas
martes, 5 de julio de 2011
Un sentimento que non podes describir con palabras, pero si con feitos.
Ela é a única que cando estou perdida me agarra da man e me leva ata onde sexa, quéreme tal e como son, cos meus millóns de defectos e coas poucas virtudes que poseo, que para ela, son especiais. Xamais me deixa de lado, faime sorrir en todo momento, e se toca chorar? pois aí está ela, para chorar xunto a min, para axudarme a seguir cara adiante. Centos de momentos atolados, cousa normal se estamos a falar de semellantes tolas coma nós, momentos raros?, especias, momentos inolvidables ao fin e ao cabo. Ela, miña irmá, grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario